Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INTERNET EN MOVEMENTO

Unha empresa das Pontes crea un router para autobuses

Arteixo Telecom implantará o sistema nunha empresa de autobuses catalá, coa que asinou un convenio.

Redacción - 10:50 08/04/2009

A empresa Arteixo Telecom desenvolveu un router que permitirá a conexión á internet dende os autobuses. O dispositivo desenvolvido pola compañía, con sede nas Pontes, combina as tecnoloxías Wi-Fi e 3G, cunha capacidade de transmisión de datos de 7,2 megabits por segundo. Segundo Arteixo Telecom, a solución permite tomar partido do estándar máis avanzado que existe na actualidade de acceso á rede móbil.

A conexión será estábel, segundo a empresa, aínda que se manteñan conectados varios computadores portátiles, PDA ou teléfonos móbiles ao mesmo tempo. Antes da súa instalación nos autobuses, efectuouse unha fase de verificación para garantir que o funcionamento da rede non xere interferencias nos sistemas de condución dos vehículos.

Así, os pasaxeiros poderán navegar pola web, ver vídeos, enviar imaxes ou xogar en rede. Ademais, o sistema permitirá facer uso de solucións de televixilancia, supervisión e conexión de dispositivos embarcados no autobús e monitorización remota.

O seu consumo de enerxía é baixo, polo que se pode conectar ao sistema eléctrico do autocarro a través dunha toma de 12 voltios. Arteixo Telecom asinou un acordo coa compañía de autobuses Autopullman Padrós, propietaria dos vehículos en que se desprazan, por exemplo, os xogadores do primeiro equipo do Fútbol Club Barcelona, e que serán dos primeiros en facer uso deste sistema.

Por outra banda, a empresa de autobuses Arriva dispón dunha liña con conexión Wi-Fi no noso país, a que une A Coruña con Ferrol.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: