As obras de construcción do tramo da autopista sen peaxe entre Fene e Ferrol comezarán o vindeiro mes de agosto, segundo os cálculos de Autopistas do Atlántico. O presidente desta empresa nacional, Andrés Muntaner, comunicoulle o día 16 ao presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, a inminente publicación do anuncio oficial polo que sairá a concurso a construcción do tramo. Máis información en Vieiros Ferrol.
.