Dende as nove da mañá, momento en que se abriron as portas do Multiusos do Sar, van chegando escalonadamente as 1.800 persoas que participarán na décima edición de Xuventude Galiza Net, o encontro informático máis importante do país. Despois dalgúns problemas de rede ao comezo, a xente vaise preparando para xogar, compartir arquivos e descubrir algunhas cousas máis deste mundo informático. Arrancan, así, tres xornadas moi intensas e sen descanso.