O documento, que se fixo público a pasada segunda feira, permitirá que o socialista tome o poder en Euskadi, e que a popular Arantza Quiroga presida o Parlamento.
No momento de asinar o pacto
A sinatura do acordo político entre PSE e PP para investir a Patxi López lehendakari -que se fixo público a comezos desta semana-, fíxose, finalmente, esta cuarta feira en Gasteiz. A ela acudiron o secretario de Organización do PSE-EE, Rodolfo Ares; o presidente do PSE-EE, Jesús Egiguren; o secretario xeral do PP en Euskadi, Iñaki Oyarzábal; e o seu voceiro, Leopoldo Barreda.
O acordo de bases, que segundo ámbolos dous partidos, "ha abrir unha nova etapa para unir a sociedade", ha permitir, alén de que o socialista López sexa designado lehendakari, que a popular Arantza Quiroga presida o Parlamento Vasco.
Porén, non se quixo escenificar en ningún momento a unidade de ámbolos dous grupos, xa que, ao terminar de asinar o documento, compareceron ante os medios, por separado, Ares e Oyarzábal, para valorar un pacto que, segundo dixeron, "ha dotar de estabilidade o goberno". Alén disto, o secretario de Organización do PSE-EE tamén revelou que é previsíbel que o goberno vasco estea constituído en maio.
A noticia nos diarios vascos: