A autoridade encargada de rexistrar dominios .IE rexeita "porno" e "pornografía" por consideralos "inmorais".
Unha web irlandesa dirixida ao público adulto denunciou que a institución que regula a concesión de dominios de Irlanda, IEDR, non lle admitiu rexistrar porn.ie e pornography.ie. O argumento que expuxo o IEDR foi que esas palabras son ofensivas e inmorais.
O portal que sufriu o rexeitamento, Sex.ie, anunciou que estuda presentar unha reclamación perante o IEDR probando que ningunha desas palabras é ofensiva. En calquera caso, a empresa non tivo problema en rexistrar orn.ie, creando o subdominio p.orn.ie.