Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Carlos Aymerich, voceiro do BNG

"Faremos unha oposición construtiva, con rigor e firmeza"

O deputado coruñés repite portavocía no grupo parlamentario nacionalista.

Redacción - 13:35 01/04/2009

Na súa intervención diante dos medios, Carlos Aymerich chamou a atención sobre os que, na opinión do seu grupo parlamentario, foron "dous elementos positivos" no acto deste mércores no Parlamento. En primeiro lugar referiuse Aymerich ao feito de que todos os grupos estean representados na Mesa do Parlamento. Felicitou así a vontade de diálogo e o acordo acadado polo BNG co PsdeG-PSOE, "en aras da pluralidade". "É un bo inicio que todos os grupos parlamentares esteamos representados continuando unha tradición que permitiu isto nas últimas lexislaturas", comentou.

En segundo lugar, Aymerich cualificou de "bo precedente" que a presidenta do Parlamento se referise a Galiza "como unha nación". O deputado coruñés amosou a "esperanza" de que o acontecido fose "máis que unha anécdota". Por outro lado, o voceiro do Bloque explicou que a súa formación ten a intención de realizar un labor de oposición "construtivo, rigoroso e moi firme, en defensa dos intereses do país e sobre todo en defensa dos intereses de aqueles galegos e galegas que con máis dureza están soportando as consecuencias da crise".


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: