Se hai catro anos un terzo dos escanos foi ocupado por mulleres, desta volta serán 30 as deputadas, nun Parlamento de 75 asentos.
Un total de 30 deputadas ocuparán escano no Parlamento de Galicia en representación dos cidadáns desde este mércores. A maioría serán no espazo do grupo parlamentario do PPdeG, 13 sobre o total de 38. Xa que logo, comparativamente o BNG é o único grupo en cumprir coa paridade, xa que os escanos gañados polo nacionalismo serán ocupados a partes iguais: seis mulleres e seis homes.
No verán de 2005, só un terzo do Parlamento daquela constituído fora ocupado por mulleres. Daquela, 24 foran as elixidas, oito populares (21%), dez socialistas (40%) e seis nacionalistas (46%).
Máis polo miúdo, segundo formación política:
Grupo parlamentario do PPdeG: 13 deputadas do total de 38
Grupo parlamentario do PSdeG-PSOE: 11 de 25
Grupo parlamentario do BNG: 6 de 12
O reparto provincial:
N'A Coruña: 10 deputadas dun total de 24 parlamentarios
En Lugo: 6 deputadas dun total de 15 escanos
En Ourense: 6 parlamentarias dun total de 14 representantes
En Pontevedra: 8 parlamentarias dun total de 22 escanos
O total: 30 deputadas nunha Cámara de 75 representantes (o 40% do total)