A agrupación socialista da Coruña escolle esta sexta feira, nunha asemblea extraordinaria, os militantes que serán delegados no congreso do partido, o vindeiro 25 de abril.
Segundo informou a propia agrupación, presentáronse dúas candidaturas, a que encabeza o alcalde da cidade, Xabier Losada, e a que lidera o avogado Pablo Arangüena, número 26 da lista do PSdeG nas últimas eleccións municipais.
Arangüena xa presentou o ano pasado unha candidatura para o congreso que naquela altura desenvolveu o PSdeG, mais foi declarada nula polo que se aprobou por aclamación a que que encabezaba a deputada en el Congreso, Carmen Marón.
A asemblea comezará ás 20h00 nun hotel da cidade, e nela poderán estar presentes todos os militantes censados na Agrupación Socialista coruñesa, un número que ascende a aproximadamente unhas 600 persoas.