Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CICLISMO

O Cidade de Lugo triunfa en Portugal

O equipo adestrado por Ramón Troncoso acadou a segunda posición por equipos na Volta ás Terras de Santa María da Feira.

Redacción - 19:00 24/03/2009
Gustavo Rodríguez, no podio despois da súa vitoria na terceira etapa

Gustavo Rodríguez, no podio despois da súa vitoria na terceira etapa

Esta pasada fin de semana correuse en Portugal a Volta ás Terras de Santa María da Feira, competición na que o Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia acadou unha meritoria segunda posición despois de meter a tres dos seus ciclistas entre os dez primeiros clasificados. O mellor situado foi o tudense Gustavo Rodríguez, que gañou a terceira etapa e rematou segundo na clasificación xeral.

A segunda posición do posición do equipo lugués na xeral por equipos débese ao bo traballo realizado por todos os integrantes do cadro de ciclistas adestrados por Ramón Troncoso, que neste caso delegou a dirección en carreira en Alberto e Fernando Carvalho. O exemplo do bo traballo feito por todo o equipo son a 5ª posición de Rui Sá e a 8ª de Vitor Carvalho, que fixeron aos lugueses ter a vitoria final por equipos a tiro de cuspe.

Este bo resultado corrobora a ambición dun equipo que este ano dou un salto de calidade ao firmar un convenio de colaboración coa escola ciclista portuguesa Fernando Carvalho Deste acordo sae un cadro composto por ciclistas lusos e galegos dispostos a disputar probas nos dous países. Dende a xestión do club quixeron corroborar este crecemento coa contratación do ex-ciclista Ramón Troncoso como director deportivo, cargo ao que chega inmediatamente despois de compartir estradas coa elite do ciclismo, correndo co Xacobeo Galicia.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: