Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ferve a Rede

Tempo de foguetes e ferrancholos

De hoxe en diante aínda teñen vostedes trinta días xustos para aquelaren e enviaren as súas eróticas propostas. Enfornando xa, poden ler os máis de 70 microrrelatos recibidos.

Redacción - 09:00 24/03/2009

No momento de escribirmos estas liñas, Amor lexionario e Sexualidade asemblear son os últimos relato recibidos para o concurso de microrrelatos eróticos de Vieiros: Ferve a Rede: "Xuntos na Xunta, xuntamos ti e máis eu e máis tantos outros e outras. Que sexa o noso goberno a expresión do noso corpo social multipartidario", reza este último dos chegados.

Alén dos máis recentes, algúns dos máis votados polos internautas que andaron por estes pagos é Baronha, obra do usuario Suso: "A moça era fermosa como uma deusa, e estava núa (...)", comeza. Tamén Post-coito, de Snob, "Era cousa boa que deixaras de fumar - dixo ela, rexeitando o pitillo postcoital de rigor (...)". Perto deles no ránking dos lectores aparece Sabor extraño, "Ía facendo o meu percorrido polo parque de atraccións, subindo amodiño, amodiño, amodiño e baixando de súpeto pola montaña rusa, cando lle notei o gusto ise, extraño pero coñecido (...)".

Deica o 24 de abril aínda teñen tempo para procurar inspiración nestes días primaverais e espremeren imaxinación e literaturas. Agardamos as súas propostas para que a rede siga fervendo.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: