Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
tras cualificala Putin de "sanguenta"

Rusa prohibe a caza das crías de foca

Países coma Canadá, Noruega e Grenlandia continúan con este tipo de matanzas.

Redacción - 11:00 19/03/2009
As crías de focas mátanse cun golpe forte na cabeza, para non estragar a súa pel, que despois é vendida

As crías de focas mátanse cun golpe forte na cabeza, para non estragar a súa pel, que despois é vendida

O ministro de Recursos Naturais ruso, Yuri Trutnev prohibiu esta cuarta feira a caza de crías de foca, as chamadas focas arpa, que se matan cando a súa pel aínda é branca.

O ministro ruso cualificou esta práctica coma "masacre", e acrecentou que este é un paso importante para a "protección da biodiversidade na Federación Rusa". A prohibición agardábase dende o pasado 26 de febreiro, data na que o primeiro ministro ruso, Vladimir Putin, describira a práctica coma "sanguenta". Na mesma xuntanza Putin asegurou que os cazadores han ser compensados polas perdas que esta nova ordenanza lles cause. "Tomaranse medidas para asegurarlle o emprego e a subsistencia a quen traballou nesta industria", foron as palabras do primeiro ministro ruso.

A pele destas focas emprégase para fabricar abrigos, e a carne fai parte da alimentación dos habitantes da costa do Océano Ártico. Perto do 80% da industria rusa relacionada coa caza de focas está financiada por empresas norueguesas, xa que este país europeo, xunto con Canadá ou Grenlandia, segue permitindo este tipo de actividades. Porén, nas últimas semanas houbo varias manifestacións en 20 cidades por toda Rusia, rexeitando calquera matanza destes animais.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: