Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O CAMIÑO CARA A UNIDADE

Francisco Rodríguez: “Con Beiras, a miña actitude é de cordialidade e de respecto construtivo”

O secretario xeral da UPG revela que a dimisión en pleno da Executiva estaba pactada.

Redacción/EP - 13:50 15/03/2009


Nunha entrevista na Radio Galega, o líder da UPG, Francisco Rodríguez, falou da crise que vive o BNG logo do 1M. O dirixente nacionalista subliñou que a dimisión da Executiva foi “consciente” e “meditada”. Isto coincide coa versión que lle deron a Vieiros outros cargos do BNG, que aseguran que a decisión de dimitir tomouse poucas horas antes de comparecer diante do Consello Nacional. De feito, o que ía a producirse o sábado só o sabían determinados cadros moi achegados á Executiva Nacional.

Rodríguez sinalou que a xuntanza deste sábado foi moi positiva porque “ninguén está disposto a tirar pola borda tanto tempo e traballo”. Preguntado sobre o papel de Beiras, con quen estivo especialmente enfrontado nos últimos anos, Rodríguez asegurou que, a pesar das discrepancias, “non teño un sentido revanchista nin de venganza e, no caso de Beiras, a miña actitude é de cordialidade e de respecto constructivo”.

O máximo dirixente da UPG tamén deixou claro que na futura Excutiva deben estar “as persoas mellor capacitadas” e rexeitou dar posíbeis nomes para o cargo de voceiro nacional. Porén, advertiu que non se debe descartar a ninguén por razóns de idade ou polo tempo dedicado ao Bloque.

Estratexia errada do bipartito


Para Rodríguez, o principal problema do bipartito foi cren que podía gañar “automaticamente”. Aínda así, é partidario de reivindicar moitos dos logros desta lexislatura e non caer nunha crítica estéril.


3,8/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: