Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'POR ARTE DE MAXIA'

O novo de Suso de Toro chegará ás librarías esta primavera

O escritor vén de colgar un vídeo no seu blog no que le o inicio da novela.

Redacción - 11:15 13/03/2009

Pensaches que non debías escribir este libro cando o teu irmán Antonio che preguntou: E non será moi narcisista escribires un libro sobre o teu avó? Así comeza a novela, que publicará Xerais esta primavera. Suso de Toro regresa, pois cunha nova obra literaria que sucede a Home sen nome (Xerais, 2006), que vai xa pola súa cuarta edición en galego e que xa foi publicada en castelán e italiano. Publica este breve adianto no seu blog, que vén de abrir hai uns días; hai xa dez anos Suso de Toro lanzaba a súa primeira 'botelha ao mar', un espazo persoal na rede, un blog antes da palabra, onde foi publicando textos de todo tipo, algúna xa perdidos, outros recuperados, e que agora retomará.

No blog o autor escribe, con moita retranca, que "quiere aclarar que tiene un 'doppelgänger', un doble siniestro, que es ese tal 'Suso del Toro' (...) En Galicia, para los verdaderos patriotas, es un españolista traidor, amigo de Zapatero y por ello un peligroso enemigo del pueblo gallego. Y para la caverna españolista es un rojo separatista, enemigo de España y de su unidad, de la lengua común una y grande, del organillo y la Verbena de la Paloma".


4/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: