Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEBATE INTERNO

Congreso do PSdeG: Quen dixo que todo estaba atado?

Lage encabeza un manifesto de mozos que piden máis renovación, Modesto Pose intenta controlar Pontevedra e Moreda segue a traballar para liderar os socialistas coruñeses.

Redacción - 20:25 12/03/2009

A mes e medio do congreso extraordinario do PSdeG, os equilibrios internos non están tan definidos como se poidera pensar nun principio. A rápida dimisión de Emilio Pérez Touriño axudou a tranquilizar un aparato conmocionado pola perda da Xunta. Os movementos internos puxéronlle axiña a coroa de loureiro a “Pachi” Vázquez. Mais, aínda que o do Carballiño é, sen dúbida, o mellor situado para ocupar a Secretaría Xeral. O certo é que os movementos para situarse internamente estanse multiplicando nos últimos días.

Un exemplo é o manifesto “Sumando ideas para o socialismo galego”. Arredor de trinta persoas, vinculadas a Xuventudes Socialistas e pilotadas por Xosé Manuel Lage, Loli Rodríguez, Silvia Fraga ou Iván Puentes, foron os promotores iniciais para un “verdadeiro debate de ideas”. Porén, un dos membros deste colectivo, á hora de ser consultado por Vieiros, deixou caer que tamén queren dar batalla á hora de dicir quen ten que dirixir o novo proxecto socialista. “Agora mesmo ista é unha iniciativa aberta a toda militancia. Dependendo do que pase non descartamos nada, nin sequer que se artelle unha candidatura, pero a  intención inicial non é esa”.

Este sector, composto na súa práctica totalidade por militantes de menos de 35 anos, considera que o cambio non pode quedar na dimisión de Pérez Touriño. Mais en común tamén teñen a súa sintonía coa secretaria de Organización, Mar Barcón. O nome da coruñesa chegou a escoitarse como rival de “Pachi” non congreso. Porén fontes consultadas por Vieiros descartan en principio esta posibilidade, xa que os seus apoios están concentrados basicamente na circunscrición coruñesa e máis en especial na área metropolitana.

Modesto Pose fai equilibrios e Moreda bota peito

Pero o debate vai moito máis aló. Mentres en Ourense e Lugo as augas corren mansas, en Pontevedra, o responsábel provincial Modesto Pose intenta contentar unhas agrupacións comarcais que consideran que o partido está a funcionar mal na provincia. De feito, non se descarta que Pose intente crear unha xestora para amortecer as críticas antes do Comité Nacional que se celebrará este sábado.

O que está decidio a dar batalla para liderar os socialistas coruñeses, tal e como adiantabamos hai case un ano, é Salvador Fernández Moreda. O presidente da Deputación quere converterse no home forte da circunscrición grazas ao apoio dos alcaldes.


4,1/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: