Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FERVE A REDE 2009

"Mozos, dádeme pel e achegádeme aquilo"

Hai xa 25 relatos: quentes, retranqueiros, chocalleiros, porcos... Entra na páxina de Ferve a Rede e mira os textos ou envía o teu.

Redacción - 09:15 13/03/2009

Estou soiña. Acendo o portátil, homes inoloros lamben meus miolos. Conseguen acenderme coas súas verbas lascivas, pero non me fartan. Dádeme pel, mozos. Mozos, dádeme pel e achegádeme aquilo. Susanamoo xa enviou o seu primeiro relato á nova edición de Ferve a Rede. Canda a ela tamén repiten outros dos participantes do pasado ano, como A Conxurada, Merce_ditas, ou Snob.

Polo momento, o relato máis votado ten a praia de Baroña como escenario, e a norma reintegrada como forma de expresión: A moça era fermosa como uma deusa, e estava núa. Tamén recibiron xa un bo feixe de votos Post-Coito (Bicoume en profundidade, con moita lingua e moito cuspe, e deixou entre os meus dentes un agasallo con sabor a seme, a cona e lubricante) ou a paixón do cinema de Quelques jours en septembre: Coa túa boca pequena chea de saliva. Apertaches os beizos. Tragaches con présa. Os tráilers acababan de comezar.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: