Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INCERTO FUTURO PARA TOURIÑO

Xosé Blanco: "Ten que abrirse unha nova etapa no PSdeG"

O vicesecretario xeral do PSOE di nunha entrevista que o candidato socialista terá que saber cal debe ser o seu papel no futuro.

Redacción - 12:25 02/03/2009

Un día despois de saberse que o bipartito xa non gobernará Galiza, o futuro do candidato socialista está no aire. Mentres, a secretaria de Política Institucional e Autonómica do PSOE, Mar Moreno, aseguraba que a Dirección Federal non se pronunciaría sobre a permanencia de Touriño á fronte do PSdeG, Xosé Blanco deixaba entreaberta a porta da saída.

Foi en diferentes entrevistas en medios españois, primeiro en Onda Cero, despois en Televisión Española. O vicesecretario xeral do partido, asegurou que os resultados "non hai que analizalos en quente, senón sosegadamente, para extraer conclusións". No referente ao candidato socialista, Blanco asegurou que non quería "sinalar co dedo acusador a ninguén para evitar responsabilidades", mais adiantou que o PSdeG "ten que abrir unha nova etapa" a partir desta reflexión.

Máis contundente aínda foi na entrevista na televisión estatal, na que ao ser preguntado pola posíbel dimisión de Touriño asegurou que "terá que ver cal debe ser o seu papel no futuro" e engadiu que "os resultados exixen un novo tempo para o PSdeG". Ademais, Blanco non ocultou que el era partidario dun adianto electoral para que, celebradas en outubro, as eleccións non se viran tan afectadas pola crise económica.

Mentres, o secretario xeral do PSOE, Xosé Luis Rodríguez Zapatero, e Blanco analizan na xornada do luns os resultados destes comicios e dos vascos na súa Executiva Federal. Ao tempo, en Santiago reúnese a Comisión executiva nacional galega do PSdeG.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: