Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
ÚLTIMOS ESFORZOS

O posíbel pacto PSOE-PP capitaliza o peche da campaña vasca

Remata en Euskadi unha carreira electoral tranquila previa a uns comicios que aparecen como os máis axustadas da historia nese país.

Redacción - 23:00 27/02/2009
Ibarretxe e Urkullu durante o acto de peche de campaña do PNV, en Bilbao

Ibarretxe e Urkullu durante o acto de peche de campaña do PNV, en Bilbao

Igual que vén acontecendo nos últimos días da campaña electoral vasca, a posibilidade de que PSOE e PP sumen máis de 38 escanos e o PP apoie a Patxi López para lehendakari foi o tema que máis interese suscitou. A capital vasca foi a cidade máis utilizada polos partidos políticos para pechar as súas campañas, e alí celebráronse tres dos actos, fronte aos dous de Bilbao e un de Donosti e Astigarraga.

O PNV fala da existencia dun pacto "entre Rajoy e Zapatero" para botar a Ibarretxe de Ajuria Enea
O Partido Nacionalista Vasco pechou a súa campaña en Bilbao, nun pavillón da Casilla ateigado por máis de 5.000 persoas onde Juan José Ibarretxe volveu recorrer aos datos para ilustrar a achega do seu partido a Euskadi durante décadas de goberno, comparando a realidade vasca actual coa dun entorno (estatal e europeo) que presenta uns peores datos económicos . Ibarretxe pediu á sociedade vasca que participe nas eleccións do vindeiro domingo, "para construír pobo" e advertiu que a xente "non pode ficar na casa (o día das eleccións) e despois criticar". No acto estivo acompañado polo presidente do EBB do PNV, Iñigo Urkullu, quen defendeu a existencia dun "pacto entre Rajoy e Zapatero; entre Patxi López e Basagoiti, para desaloxar a Ibarretxe". Ademais, Urkullu avisou dun reparto dos votos da esquerda abertzale entre PSOE e Aralar e usou a retranca para referirse aos que decidan votar o vindeiro domingo ao PSOE: "quen queira xogar o seu porvir a un cupón de bonoloto está no seu dereito".

Patxi López anuncia que non pactaran nin co PP nin co PSOE
Igual que fixo Touriño en Galiza, Patxi López percorreu o territorio vasco o último día de campaña para participar en actos en Portugalete, Barakaldo, Bilbao, Arrasate-Mondragón e, finalmente, Vitoria. O candidato do PSOE pechou a campaña na capital vasca, e alí volveu apostar polos dous valores que están capitalizando esta campaña: o cambio que, segundo el, pide a sociedade vasca; e a unidade que promete promover. López amosouse convencido de que vai ser o vindeiro lehendakari e sobre o empate técnico co PNV do que falan algunhas enquisas afirmou que "imos deixalo atrás por moito", concluíndo que non van pactar nin co PP nin co PNV.

O PP deixa aberta a posibilidade de apoiar a hipotética investidura Patxi López
O Partido Popular pechou a súa campaña electoral no mediodía deste venres, nun acto celebrado nun polideportivo de Vitoria onde participaron máis de 700 persoas, segundo o propio PP. O candidato á presidencia de Euskadi, Antonio Basagoiti, pediu o voto contra a "ruptura" do PNV e o discurso "baleiro e foco" de Patxi López. Basagoiti deixou aberta a posibilidade de apoiar a investidura de Patxi López como lehendakari, afirmando que "solo haberá cambio se sumamos, se condicionamos a un PSOE que pode facer calquera cousa".

EB-B, Aralar e EA: á procura dos votos da esquerda abertzale
Ezker Batua pechou a súa campaña electoral nun hotel de Bilbao; Aralar fíxoo nunha sidrería do barrio donostiarra de Zubieta; e Eusko Alkartasuna nunha sidrería de Astigarraga, tamén en Guipúscoa. Estes tres partidos centraron a súa campaña en captar a maior porción posíbel do voto da esquerda abertzale, sendo aquí Aralar o partido que semella mellor colocado para zugar o voto abertzale. Aínda así, esta segue sendo unha das grande incógnitas das eleccións do vindeiro domingo, xa que aínda que as cabezas visíbeis da esquerda abertzale pediron o voto, nulo non se sabe con certeza que parte da sú masa social apostará por esa opción. O outro partido con opcións de ter representación parlamentaria é UPyD, que pechou a súa campaña nun hotel de Vitoria.

Sigue o fin da campaña na prensa vasca:
El Correo
Deia
Portal de novas da EiTB
Berria
Diario de Noticias Guipúscoa
Gara
Diario de Noticias Araba
Diario Vasco


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: