A presidenta da Federación de Empresarias de Galicia presenta unha serie de propostas encamiñadas a mellorar a situación das empresarias do país.
Isabel Iglesias
Isabel Iglesias achéganos tres puntos que considera fundamentais para mellorar a "achega da actividade empresarial das mulleres como xeradoras de riqueza e emprego". Estas medidas consistirían en:"
1. Facer Visíbel: O que non se nomea non existe. É preciso revisar os conceptos e evolucionar cara a unha linguaxe "inclusiva" cando se fala da titularidade nas empresas: Débese dicir o "empresariado, o "accionariado, a"propiedade das empresas"; no canto de "o empresario", o "accionista", o "propietario".
2. Reforzar: Superar a miopía no fomento do auto-emprego co establecemento de medidas máis realistas e ambiciosas para que, malia nacer como alternativas á precariedade laboral, estas pequenas empresas podan ter perspectiva de futuro. Isto pasa por incorporar a perspectiva e coñecemento do sector empresarial no deseño das medidas.
3. Potenciar: Establecer mecanismos para detectar as empresarias con talento e capacidade de innovación e crecemento para a posta en marcha de programas e recursos que impulsen a súa presenza nos ámbitos de representatividade, toma de decisións e expansión das súas empresas."