Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
PASO ADIANTE

O comisario europeo de Multilingüismo anuncia unha visita para coñecer as galescolas

Leonard Orban aseguroulle a representantes da Mesa e do BNG que a UE  apoia os esforzos para a normalización do noso idioma.

Redacción - 19:05 24/02/2009
Tags:

Leonard Orban, o comisario de Multilingüismo da UE,  anunciou este martes que en abril virá até o noso país para coñecer a rede de galescolas. Orban quere demostrar así o seu compromiso cos traballos de normalización do galego, logo de que un informe europeo sobre linguas minorizadas gabase os proxectos educativos de Vicepresidencia.

Orban fixo o anuncio durante un encontro co presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, e a responsábel do BNG no exterior, Ana Miranda. Na súa visita a Bruxelas, os dous representantes galegos mantiveron tamén contactos con eurodeputados da ALE,  do grupo socialista e do Partido Popular Europeo. Nos mesmos explicáronlle a posición subalterna que continúa a ter a nosa lingua no propio país.

Callón explicoulle a Vieiros que as entrevistas intentan demostrarlle aos eurodeputados cal é a situación sociolingüística en Galiza, despois de que o Parlamento Europeo aprobase a semana pasada unha resolución (non vinculante) promovida polo PP español. O texto, que defendeu no seu día o xornalista Luís Herrero, propoñía garantir a liberdade dos país a  escoller a lingua de escolarización dos fillos. De feito, o propio Callón subliñou que esta resolución pode anularse nos vindeiros meses logo de ver a sensibilidade de moitos grupos cara a normalización das linguas minorizadas.


4,82/5 (22 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: