Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
SEGUNDO ALFONSO RUEDA

O PP denuncia que a conselleira de Educación usa o coche oficial para ir á perruquería

Núñez Feijoo incide nas mesmas críticas, dirixidas tanto a socialistas como a nacionalistas.

Redacción - 14:29 21/02/2009

O PPdeG denunciou este sábado hoxe que a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, "segue o exemplo de derroque do seu xefe" e "usa o diñeiro público para asuntos particulares". Así, os 'populares' aseguran ter constancia de que adoita acudir á barbaría en coche oficial e en horario de traballo.Nun comunicado, o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, considera que hai que ter un "rostro de metal" para que un conselleiro, non só dedique parte do tempo que supuestamente debería pasar no seu despacho gestionando o sistema educativo público para ir á barbaría, senón que o faga no coche oficial.

O PPdeG engade que, no caso da titular de Educación, "chove sobre mollado", pois recordou que o seu marido recibiu na actual legislatura máis de 600.000 euros de axudas públicas da Xunta para financiar proxectos de investigación nos que el participa directamente, no que os 'populares' entende como "evidente trato de favor".

Así mesmo, Núñez Feijoo afirmou que os dirixentes de PSOE e BNG están "nerviosos" despois de gastaren sete millóns de euros en "mobles, coches, sillas e salas de xuntas".


2,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: