Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
CAMPIONATO ESTATAL SUB-23

O futuro do squash pasa esta fin de semana por Vigo

O campionato celebrarase nas instalacións de Balaidos, onde a xogadora local Xisela Aranda parte como gran favorita para gañar o torneo feminino.

Redacción - 10:30 20/02/2009
Xisela Aranda a piques de golpear unha bola

Xisela Aranda a piques de golpear unha bola

As instalacións de Balaidos acollen os días 20, 21 e 22 o campionato estatal sub-23 de squash, no que haberá unha considerábel participación galega encabezada pola actual campioa do torneo feminino, Xisela Aranda. Ademais de Aranda, no cadro feminino destaca a presenza da pontevedresa Ana Arosa, a oitava favorita á vitoria. No torneo masculino a gran baza galega é o compostelán Carlos Cornes, terceiro favorito; mentres que o pontevedrés Sergio Fernández aparece de noveno na lista de candidatos ao torneo facilitada pola organización do mesmo.

Xisela Aranda explicounos que chega ben porque leva "meses preparando os campionatos absolutos estatais e europeo". A viguesa cumpre no 2009 23 anos, polo que será a súa última participación nun torneo do que xa gañou as dúas últimas edicións. Cando lle pedimos que valore as súas posibilidades, Aranda foi concluínte e afirmou que "é un torneo que teño que gañar".


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: