No seu novo vídeo electoral critica os 'protagonismos' e reclama que os políticos se poñan "na pel da nosa xente".
O candidato de Terra Galega demostra as súas aptitudes actorais e ponse na pel de media ducia de personaxes, que presentan as súas queixas contra a xestión do bipartito, dicindo por exemplo "Eu son Xan de Guitián e aínda non recibín as axudas prometidas". O novo spot do partido, unha clara parodia do vídeo no que un grupo de persoas se presentan dicindo "Eu son Anxo Quintana", remata con Gato (desta vez facendo de si mesmo) afirmando "Cando se trata de defender a nosa terra, deixémonos de protagonismos e poñámonos na pel da nosa xente".