O concurso
A Coruña Son fíxonos coñecer
en 2008 bandas como
Chámalle Xis, e permitiunos escoitar ao propio
Santiago Auserón cantando en galego. Na edición 2009 o certame crece: máis grupos, máis calidade e máis competencia, o que fixo aínda máis complicada a elección das dez cancións finalistas. Auserón destacou no seu ditame que "si que hai nova onda galega, que carallo, segue salpicando a espuma alegremente, estades a construír paso a paso un Cancioneiro que ten retranca, calidade e sabor".
Agora, os grupos e solistas preseleccionados poderán asistir a un obradoiro que impartirá o propio Juan Perro entre o 24 e o 28 de febreiro no Fórum Metropolitano da Coruña, unhas clases ás que pode asistir calquera persoa,
previa inscrición. As dez cancións finalistas serán recollidas, ademais, nun disco colectivo.