Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
PERANTE UN NOTARIO

Gato promete deixar o Parlamento se incumpre o seu programa

O líder de Terra Galega asinou nunha notaría un decálogo de medidas, que se comprometeu a cumprir en dous anos.

Redacción - 18:38 17/02/2009

O candidato de Terra Galega á Presidencia da Xunta, Xoán Gato, asinou este martes o seu programa electoral unha notaría, como xa anunciara a pasada semana. Así mesmo, o ex alcalde de Narón renovou o compromiso de abandonar os escanos que a súa formación puidese obter o vindeiro 1 de marzo se aos dous anos de lexislatura non cumprise os dez puntos nos que se nuclea o seu programa. Neste decálogo figuran, entre outras cousas levar a cabo "unha clara política de austeridade" na Xunta, co obxectivo de aforrar uns 600 millóns de euros, para destinalos á inmediata creación de emprego e a "crear a Galiza dos dereitos fronte á das subvencións".

Además, Terra Galega propón eliminar o actual Plan Sectorial de Vivenda e substituílo pola creación ou adquisición dun mínimo de cinco mil vivendas sociais ao ano", ademáis de converter o Instituto Galego de Vivenda e Solo nun "ente estritamente posto ao servizo dos axentes económicos". Tamén promete habilitar "incentivos fiscais e axudas directas para todas as empresas, pemes e autónomos que contraten parados de longa duración" e outros colectivos de difícil emprego. Igualmente proxecta habilitar crear 15 millóns de metros cadrados de solo industrial e tomar as medidas necesarias "para evitar o afundimento do sector lácteo, a gandaría e a actividade madeireira".

Gato, de 63 anos de idade, salientou que este acto "é o primeiro destas características que realiza un partido político en Galiza"


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: