O Tribunal Supremo anulou as listas da formación 'abertzale'. D3M afirma que serán "miles de votos válidos e de ouro".
As papeletas das listas de Democracia 3 Millóns (D3M), anuladas polo Tribunal Supremo, xa se poden imprimir na web da formación, que segue a súa campaña electoral con actos convocados durante esta semana.
A semana pasada, os representantes de D3M pediron que se introducise o seu voto nas urnas para contar nos comicios, que consideran serán "miles de votos válidos e de ouro". Xa nas eleccións forais e municipais de 2005, a esquerda abertzale pedira o voto nulo.