Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
GALIZA2009

Quintana contrapón a transparencia do BNG fronte á "mentira" do PPdeG

Pediu en Burela "máis BNG" para que o 1 de marzo non se volvan "celebrar derrotas" como a de Salvador Allende.

Redacción - 17:39 15/02/2009

O candidato á presidencia da Xunta polo BNG, Anxo Quintana, pediu este domingo en Burela que o próximo 1 de marzo a cidadanía acuda a votar e que haxa "máis BNG" para que Galiza poida seguir avanzando con medidas como crear un instituto de crédito galego ou transporte adaptado. Apelou ao voto ao Bloque para non "celebrar derrotas" como a do goberno de Allende en Chile.

En contraposición á forma de actuar do líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, Quintana dixo que o BNG "non ten trampa nin cartón" fronte á "campaña da mentira" dos populares. "Non temos nada que ocultar", afirmou.

Como exemplos de falsidades, lembrou cando o PP o acusou de ter "unha neveira dun millón de pesetas" no seu coche e el con "transparencia" amosou que "só tiña unha de 30 euros". Tamén negou "contratar a dedo" o persoal do Consorcio Galego de Benestar, lembrando que no tribunal de elección do persoal "forman parte alcaldes do Partido Popular".

Tamén ironizou sobre a "renovación" das listas do PPdeG por Ourense, co cambio de Luis Carrera, e a apertura dun expediente a Carlos Negreira pola súa xestión á fronte de Portos de Galicia.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: