A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego fala das medidas fundamentais a tratar durante a vindeira lexislatura.
Carme Freire
No especial electoral Galiza 2009 falamos desta volta con Carme Freire ao respecto das medidas que, na súa opinión, é necesario priorizar durante a vindeira lexislatura no sector leiteiro. Freire resume en seis eixos as iniciativas que considera urxentes:
1.Estabelecer o marco legal para que haxa unha estabilidade e deixen de desaparecer explotacións, principalmente as máis pequenas.
2.Aumentar o apoio ás explotacións sustentábeis.
3.Apostar forte polo consumo do leite producido en Galiza e que se consuma nos centros públicos que dependen da administración, como colexios ou hospitais.
4.Apoio decidido á transformación de produtos lácteos no país.
5.Establecemento dunha rede comercial alternativa ás multinacionais, na que se inclúa o pequeno comercio, os mercados ou as feiras.
6.Apoio ás pequenas granxas de leite, que evitan o desertismo, e son as que están máis desvalidas diante das grandes industrias. Hai que apostar pola continuidade destas entidades polo que supoñen a nivel de sustentabilidade, a nivel social e, principalmente, pola importancia medio ambiental que teñen.