Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Arrinca, tamén, a campaña electoral

Euskadi vota, por primeira vez, sen candidaturas da esquerda independentista

A campaña comezou coa incógnita de se o PNV conservará a súa maioría absoluta, xa que as últimas sondaxes do CIS indican que podería perdela.

Redacción - 12:26 13/02/2009
Ibarrexte (PNV), na apertura da campaña

Ibarrexte (PNV), na apertura da campaña

En Euskadi tamén comezou a campaña electoral para as eleccións do vindeiro 1 de marzo, por primeira vez na historia da democracia vasca, sen a participación dos partidos da esquerda independentista, debido á anulación, por parte do Tribunal Supremo, das candidaturas de D3M e Askatasuna. A media noite, así comezaba a tradicional pegada de cartaces, o Tribunal Constitucional confirmaba esta anulación. Dos partidos considerados pertencentes á chamada esquerda abertzale, só queda en pé a candidatura de Aralar.

O PSE, polo seu lado, esforzarase por vencer, por primeira vez na historia, a un PNV moi dividido. Aínda falta por saber que van facer os votantes abertzales -Eusko Alkartasuna aspira a recoller parte destes sufraxios-, xa que, se a maioría se abstén, é posíbel que as porcentaxes de voto dos partidos varíen considerabelmente.

Segundo a sondaxe do CIS, os tres partidos que forman a coalición que actualmente goberna Euskadi -PNV, EA e Ezker Batua-, conseguirá 33-35 escanos, perdendo a maioría absoluta. Pola contra, o PSE pode conseguir 26 escanos, e o PP, 12. De tal xeito que, de se sumaren, cousa que parece pouco probábel, conseguirían a maioría.

Información sobre a apertura de campaña nos xornais vascos:


Ligazóns

1/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



No centro, o candidato do PSE, Patxi López
No centro, o candidato do PSE, Patxi López
O candidato do PP, Antonio Basagoiti, acompañado de Rajoy
O candidato do PP, Antonio Basagoiti, acompañado de Rajoy
Javier Madrazo, e Ezker Batua
Javier Madrazo, e Ezker Batua
No centro, Unai Ziarreta, de EA
No centro, Unai Ziarreta, de EA
A apertura de campaña de Aralar / Imaxes: Diario Vasco
A apertura de campaña de Aralar / Imaxes: Diario Vasco