A segunda temporada da produción online fai un chamamento a actores e actrices afeccionadas para que se convertan en novas personaxes da serie.
Unha telenovela na internet, autoproclamada a primeira da web 2.0, aumentará aínda máis o seu nivel de interactividade. Deseo Descarnado, que así se titula, busca o elenco da súa segunda temporada a través dun cásting online.
Na web da telenovela, que pretende ser unha mestura e parodia deste subxénero televisivo, inclúense as bases para poder ser protagonista de Deseo Descarnado: é preciso ser maior de 18 anos, gravarse nun vídeo durante un minuto falando con acento hispanoamericano e subilo como resposta á mensaxe do cásting da serie en YouTube.
Ademais, as persoas que desexen participar terán que inventar o seu propio personaxe, ao que se lle fará un oco na telenovela dixital. O prazo para actores e actrices aspirantes remata o 30 de marzo.