Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
DIARIO CULTURAL DA RADIO GALEGA

O Premio de Teatro Radiofónico xa ten finalistas

As obras presentadas baixo os lemas 'Peter Buckley', 'Servizo de Información' e 'Xou mas gou on' serán adaptadas por Cándido Pazó.

Redacción - 12:00 04/02/2009

As pezas presentadas baixo os lemas Peter Buckley, Servizo de Información e Xou mas gou on son as finalistas da terceira edición do 'Premio Diario Cultural' de Teatro Radiofónico. En total, presentáranse 33 obras, entre as que o xurado escolleu as tres finalistas. No programa emitido o martes, Cristina Domínguez, directora do CDG e membro do xurado, valorou a elevada calidade global de todos os textos presentados. E pola súa banda, o crítico Camilo Franco, salientou a "madurez" á que se está chegando no xénero, edición tras edición do certame, "a xente cada vez máis escribe pensando en quen ten que escoitar".

Cándido Pazó encargarase de realizar as adaptacións para a súa emisión nos distintos programas da Radio Galega ao longo do mes de marzo. Despois, a audiencia do Diario Cultural escollerá un gañador, e o xurado escollerá o outro.

 David Rodríguez foi o gañador da primeira edición con O Bambam; a obra, interpretada por Luis Tosar e Luis Zahera con dirección de Lino Braxe, recibiu tamén o Premio do Público. O pasado ano O mal da vaca foi a obra gañadora, destacando o xurado o seu carácter "fresco, ben estruturado e con diálogos coidados". As tres obras finalistas foron Ola Silvia, estás aí, de Fátima Rodriguez, Último capítulo, de Roi Vidal e Saltimbanqui, de Lois Pérez, facéndose esta última co premio do público. Os catro textos foron publicados por Xerais nun libro-cd.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: