Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
ASCEL e a FEG piden unha fonda revisión de toda a xestión cinexética da Reserva de caza dos Ancares para garantir e mellorar a conservación das súas especies máis ameazadas

Rexeitamento ao aproveitamento cinexético do lobo na Reserva de Os Ancares

A asociación para a conservación e estudo do lobo ibérico (ASCEL) e a FEG consideramos que a presenza estable de lobo na Serra dos Ancares é o mellor xeito de conservar o patrimonio natural  desta emblemática Serra galega, e que a sobrecaza e a mala xestión na reserva, en particular sobre as poboacións corcinas, pode disparar o incremento de danos ao gando.

ASCEL e FEG - 10:20 04/02/2009
Tags:

Ambas organizacións solicitaran reunirse coa Consellería de Medio Ambiente para mostrar a súa preocupación sobre  ás solicitudes de aproveitamento cinexético do lobo efectuadas por parte das sociedades de caza dos Ancares, e o despretixio que se está a dar sobre este especie de primordial papel ecolóxico en relación ao suposto descenso das poboacións corcinas nos Ancares. Consideramos que non se sustenta de ningunha maneira a atribución no descenso de trofeos de caza de corzo debido a presenza de lobo. Este tipo de aseveracións, procedentes máis ben do que poderían ser  divagacións de  carácter tabernario non teñen ningun rigor científico e distan moi afastadas do que en ecoloxía de poboacións é a relación depredador-presa. Segundo este suposto, entón na historia dos tempos calquera presa estaría abocada a súa desaparición polo efecto dos seus depredadores, os cales acabarían tamen desaparecendo unha vez eliminadas as presas.

Apuntamos que con relación a Reserva dos Ancares,  xa é tempo de que a administración, e en particular a Consellería de Medio Ambiente, proceda a unha revisión a fondo de todo o que implica a xestión cinexética nos Ancares, asunto no que transcurridos moitos anos ninguén dende a administarción pareceu plantexar. A súa revisión é fundamental  para poder coñecer con exactitude os seus efectos ecolóxicos e económicos sobre a zona, e moi importante, amoldar este modelo de xestión cinexética ás políticas de conservación actuais, relacionadas coas previsións de declaración deste territorio coma parque natural, e os plans e medidas de conservación do oso, do lobo e da pita do monte. A presencia estable de lobo nos Ancares poden revertir nun importante reclamo turístico coma elemento de peso na oferta dun Parque Natural, e polo tanto dende a administración debe traballarse na dirección de explicar á poboación local  residente do que significa contar con este tipo de especies bandeira para o éxito dun Parque Natural. Abrir a espita das autorizacións de caza solo afondaría na percepción negativa que dende algúns sectores da poboación se ten sobre a especie, complicando máis o problema en lugar de solucionalo.

No parque Estadounidense do Yellowstone os lobos xeneran directamente uns 35 mio. anuais de dólares, beneficio económico derivado dos visitantes que acuden únicamente a observalos en libertade. Na península ibérica, en algunas zonas de Zamora, acuden turístas de toda Europa co único fin da observación de lobos en libertade. Os alcaldes da zona din que o lobo vale máis vivo que morto.

Se engadimos que a reserva de Os Ancares está en trámites para alcanzar un maior grado de protección a Parque Natural, dispoñemos dos argumentos máximes para o desenrolo dunha actividade económica acorde co medio natural.
 


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: