Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
TOURIÑO E MARTIN SHEEN EN MADRID

A 'Ala Oeste' de Montepío

Foi durante o acto de presentación do Catálogo de actores e actrices de Galicia, ao que tamén asistiu Emilio Estévez.

Redacción - 09:56 04/02/2009

Emilio Pérez Touriño presidiu a a presentación en Madrid do ‘Catálogo de actores e actrices de Galicia', acompañado polos actores Martin Sheen (protagonista da serie 'A Ala Oeste da Casa Branca') e Emilio Estévez, descendentes de galegos de Salceda de Caselas, nun acto no que tamén estivo presente Pilar Bardem. O catálogo foi realizado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) co apoio do Consorcio Audiovisual de Galicia, e en representación do colectivo de intérpretes galegos acudiron ao acto Isabel Blanco e Camila Bossa (que conduciron o acto), ademais de Sergio Pazos, Xabier Elorriaga, María Vázquez, Berta Ojea, Belén Constenla ou Cristina Castaño.

Pérez Touriño destacou que o Catálogo é unha iniciativa pioneira "que facilitará a promoción do sector audiovisual galego", logrando ademais que Galiza "manteña e reforce o seu papel como un dos vértices do triángulo máxico do audiovisual español, canda a Madrid e Cataluña". Finalmente, o presidente da Xunta comprometeu o seu apoio aos actores galegos no seu papel de "mensaxeiros" que trasladan "a paisaxe humana de Galiza ás pantallas".


4,2/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: