Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Galiza2009

"Só recomendacións para os bancos mentres os cidadáns teñen leis de obrigado cumprimento?", repróchalle Quintana a Zapatero

O voceiro nacional do BNG analizou a xuntanza do presidente do goberno español cos representantes banqueiros, e pediu mecanismos de participación pública para asegurar o "uso adecuado" dos fondos.

Redacción - 09:00 03/02/2009

"Ese é o paso que debemos dar", expresou o líder do BNG ao respecto das inxeccións de cartos no sistema financeiro, chamando a un control público máis estrito sobre as axudas. Nese sentido, aproveitou o voceiro nacional do Bloque para insistir en que nese marco deberan aproveitarse as potencialidades do autogoberno e recordou a proposta dos nacionalistas a prol dun Instituto Galego de Crédito Oficial. Laiouse Anxo Quintana das voces en contra do proxecto, censurándolles que só critican a idea "porque en Madrid non parece ben".

Nesa liña chamou Quintana aos cidadáns a "tomaren as súas propias decisións" e á vez contribuír ao aumento da capacidade de decisión desde Galiza para poder afrontar a crise. "Temos recursos e posibilidades no país para facelo, pero temos que crer en nós mesmos, e esa é a proposta do BNG, crer en Galiza", afirmou.

Durante o mesmo acto político do BNG celebrado na noite do luns en Cambados, o voceiro do BNG insistiu na receita do autogoberno "fronte á crise" e salientou a idea de usar "a autonomía política" como ferramenta para "xerar benestar". "É o momento de dar un paso adiante, porque o crédito non está a chegar ás empresas e ás familias", dixo Quintana, "penso que desde o autogoberno algo podemos facer ao respecto”, indicou, subliñando unha vez máis, que a iniciativa do BNG a prol dunha institución crediticia garantiría que o crédito "chegue á economía produtiva, ás familias e pequenas e medianas empresas".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: