Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Non se sosteñen en tempo de crise

O goberno británico nacionalizará escolas privadas

O executivo do Reino Unido decide un "plan de rescate" para colexios privados fronte á tendencia das familias ao transvase de alumnos á pública.

Redacción - 09:00 02/02/2009

Amparado na suposta saturación do alumnado das escolas públicas, debido segundo parece a que moitas familias no medio da crise económica deciden desafogar contas renunciando a enviar os fillos a escolas privadas, o goberno británico anunciou o proxecto de "nacionalización" de colexios privados.

O anuncio realizado por Jim Knight, viceministro de ensino do goberno do primeiro ministro Gordon Brown, fala de "reconverter" centros privados que o soliciten previamente en escolas públicas con financiamento estatal. Segundo a prensa británica, cinco escolas acolléronse xa á proposta, non exenta de polémica, xa que tal e como denunciou algún sindicato de ensino, contempla que se manteñan certos privilexios para estes centros, concedéndolles marxe de independencia na elaboración de currículum e contratación de persoal.

Recomendámoslles ampliar en The Guardian:
O goberno nacionalizará escolas privadas
Comprar e vender no mercado da educación


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: