Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
Enquisa en Público este luns

A última sondaxe mantén o prognóstico de reválida para PSdeG e BNG

Na provincia de Lugo o BNG rabuñaría un escano do PP, que tamén perdería outro en Ourense en beneficio do PSOE. Mentres, os socialistas caen en Pontevedra e danlle un asento máis ao PP.

Redacción - 09:00 02/02/2009

De 33 a 38 o PP, no abano de 24 a 27 o PSOE e entre 11 e 16 o BNG, móvese a media das sondaxes publicadas até o de agora.

O "Publiscopio" do diario Público realiza este luns a súa achega á galería de prognósticos cara ás eleccións en Galiza o próximo 1 de marzo. Segundo a atribución de escanos do xornal madrileño, socialistas e nacionalistas conseguirían a suma necesaria para renovar o pacto de goberno. A enquisa outórgalle un 43,6% do voto ao PP (35-36 escanos), un 32,6% ao PSOE (25-26 deputados) e un 19,5% ao BNG (14 escanos). No que lle toca á aceptación dos líderes, Emilio Pérez Touriño aparece á fronte, cunha nota de 5,3 sobre 10, e atrás del Anxo Quintana e Alberto Núñez Feijoo empatan cun 4,8.

O estudo de Público indica que a xeneralizada caída no apoio ao PP non se producirá na circunscrición de Pontevedra, onde os populares mesmo serán capaces de quitarlle un representante no Parlamento ao PSdeG. Pola contra, hai agoira de perda de representación posíbel para o PP nas outras tres provincias, en Lugo a prol do BNG e en Ourense e na Coruña en favor do PsdeG-PSOE, sendo este último o que aparece como máis incerto.

2 de febreiro
Obradoiro de Socioloxía (para Público)
PP: 35-36 escanos
PSdeG: 25-26
BNG: 14

1 de febreiro

Infortécnica (para La Región)
PP: 37-38 deputados
PSdeG: 25-26
BNG: 11-13

25 de xaneiro
Sondaxe (para La Voz de Galicia)
PP: 35 escanos
PSdeG: 26
BNG: 14

22 de xaneiro
TNS/Demoscopia (para Antena 3 e Onda Cero)
PP: 35-36 escanos (41,2%)
PSdeG-PSOE: 26-27 (34,1%)
BNG: 13 (19,4%)
Outros: 0 (4,5%)
Participación: 63%

Líderes (nota sobre 10):
Alberto Núñez Feijoo: 5,2
Emilio Pérez Touriño: 5,3
Anxo Quintana: 4,6

19 de xaneiro
NC Report (Para La Razón)
PP: 35-37
PSOE: 24-25
BNG: 13-15

18 de xaneiro
Quadernas Consultoría (Para Xornal)
PP: 33-34
PSOE: 25-26
BNG: 16


4,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: