Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
COMEZA O 1 DE AGOSTO

Ribadeo será o cabo dunha prestixiosa regata

A competición sairá de Port Bourgenay, ao oeste de Francia, e as 80 embarcacións participantes empregarán máis de 20 horas en chegar a Galiza.

Redacción - 18:00 29/01/2009
A Transgascogne vai revolucionar o porto de Ribadeo o vindeiro verán / Foto: Flickr (FreeCat)

A Transgascogne vai revolucionar o porto de Ribadeo o vindeiro verán / Foto: Flickr (FreeCat)

A prestixiosa regata Transgascogne rematará este ano en Ribadeo. Trátase dunha competición na que participan uns 80 barcos patroneados por regatistas chegados de Francia, Italia, Holanda ou Bélxica, entre outros países. A proba comezará en Port Bourgenay, ao oeste de Francia, e cumprirá 650 millas até chegar até a mariña oriental.

Segundo o director xeral de Turismo, Rubén Lois, este evento contribuirá á "consolidación de Galiza como referencia náutica mundial". Ademais Lois quixo destacar o importante pulo que pode supoñer un importante pulo para Ribadeo como lugar capacitado para organizar eventos internacionais.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: