Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DECLARACIÓNS

O conselleiro de Medio Ambiente é partidario de "levantar alfombras" en Sogama

Sostén que os tribunais van aclarar todas as presuntas irregularidades acontecidas na sociedade pública.

Redacción - 14:15 28/01/2009

Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente, afirmou este mércores que o presidente de Sogama e o consello de administración da sociedade pública gozan da súa total confianza. Poucas horas despois de que se anunciase a expulsión de dous xefes técnicos da empresa pública por ter manipulado, segundo a carta de despediemento  analíticas de vertidos, Vázquez subliña que “está claro que están cambiando as cousas”. O titular de Medio Ambiente asegurou que non lle vai tremer o pulso á hora de "levantar as alfombras"

O conselleiro subliñou que Sogama goza dunha autonomía propia e que agarda que “todo se vaia aclarando” xa que “son situacións do pasado e todos estamos vendo que apuntan a situacións complicadas”. Vázquez sinalou que o feito de que todo o acontecido estea nos xulgados dá “tranquilidade e garantías”.


3,3/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: