A exposición, comisariada por Xosé Manuel Buxán, amosa as obras de oito artistas moi novos, estudantes do propio centro.
Pablo Sande, Nuria Ruibal, María Blanco, Silvia Tourón, Tamara Feijoo, Jorge Migoya, Ignacio García Gómez del Valle e Víctor Hugo Costas son estudantes da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Alí mesmo, na 'Sala X' da facultade, dirixida por Xosé Manuel Buxán, que destaca que "a porta aberta que tanto a facultade como a Universidade, a través da Vicerreitoría do campus, lle brindan a estes alumnos é un labor absolutamente pioneiro e único no contexto das facultades de Belas Artes de España".
Buxán Bran tamén salienta a calidade da mostra 'Oito_artistas.gal': "os artistas reúnidos na mostra aínda están a ser descubertos e isto xa é algo ben importante, un bo comezo, sobre todo cando os proxectos artísticos que nos ofertan pagan a pena e mesmo resultan tan suxestivos e destacables como os doutros compañeiros de xeración moito máis publicitados".
Logo deste tempo en Pontevedra, Oito_artistas.gal viaxará a Girona, onde será exposta no Centre Cultural La Mercè, derradeira parada desta mostra itinerante.