Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
MATANZA DE RAPOSOS 2009

Boicot ao VI Campionato de España en Rodeiro

Todo esta listo para o boicot á barbarie que representa a celebración de campionatos de matanza de raposos que este ano se pretende celebrar en Rodeiro (Pontevedra) o sábado 24 de xaneiro.Dende as primeiras horas da mañá os grupos de Galiza e do resto do estado que se opoñen a este tipo de espectáculos estarán no monte para impedir  que estes "cazadores" prosigan un ano máis con esta actividade disparatada e fóra da legalidade.

ADEGA - 10:01 23/01/2009
Tags:

                Grupos que participan na acción de boicot:

 ABEIROADEGA, Amigos da Terra, Amigos de los Animales, Asturias VerdeASCEL, CES Salnés, Centro Social A FormigaCoto do Frade, Equanimal, Eucaliptos NON, FEG (Federacion Ecoloxista Galega), Fundación Altarriba, GAS Vigo, Huellas Cantabria, LIBERA, Salva o Tren, SGHNSOS Courel, Verdegaia

               Os grupos distribuiranse polo monte en partidas de entre cinco e dez activistas dez  coa consigna de patrullar  polas zonas onde se concentren os cazadores para alertar os animais  antes de que sexan sorprendidos  polos escopeteiros. Irán acompañados por reporteiros, principalmente gráficos, que sexan  testemuñas  do que se está a facer  con estes animais inofensivos  e, que non producen danos nin a gandería nin á agricultura, co beneplácito e as subvencións dunha administración insensíbel  e que se prega a intereses particulares.

                As 13 horas concentraranse en Rodeiro para protestar polo evento.

                A Federación Galega de Caza e demais organizadores non teñen disculpa:
     Incúmplese o artigo 22 da lei de protección de animais: son infraccións moi graves a organización e celebración de espectáculos, pelexas e outras actividades con animais que impliquen crueldade,maltrato ou sufrimento?.Este campionato consiste  en ver qué  cuadrilla de cazadores consigue abatir máis raposos para acto seguido guindalos ó cubo do lixo.Aorde de vedas prohibe a celebración de campionatos de caza sobre animais silvestres, fóra da tempada hábil de caza, que aparece explicitada no artigo 9, según foi denunicado ante a Fiscalía de Medio Ambiente. Así como o feito de realizar competicións en Tecores que a lei de caza distingue perfeitamente dos terreos cinexético deportivos.

 Xa apresentamos estudos contrastados que desminten o suposto exceso de raposos .Os datos de parte da FGC e de algún Tecor que denunciamos na Conselleria de M. Ambiente, como faltos de veracidade,  non  poden xustificar a matanza. Os demais cidadadáns tamén somos parte interesada no monte e temos dereito a disfrutar da fauna silvestre.

                Esiximos a administración a prohibición da caza competitiva do raposo, que se investiguen as falsidades dos censos  nas que se basean ditas competicións  e se remate con este tipo de actos que atentan contra a vida e diversidade dos nosos montes en nome dunha suposta actividade económica ou nunha trasnoitada tradición. (Matarpormatarnon,Galiza, xaneiro 2009)


5/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: