Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
VI COPA DE ESPEÑA DE CAZA DO RAPOSO:

Cidadáns e animais, indefensos ante os escopeteiros

A Fiscalía deixa a porta aberta para presentar un contencioso pero rexeita paralisar o masacre

ADEGA, Matar por matar NON - 17:37 22/01/2009
Tags:

A Fiscalía de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ven de respostar ADEGA e "Matar por matar, NON" sobre a solicitud de suspensión cautelar da VI Copa de España de caza do Raposo que vai ter lugar este sábado día 24 en Rodeiro (Pontevedra). Na súa resposta, o fiscal Álvaro Ortiz decreta o arquivo da denuncia presentada por ADEGA, ao non constituir delicto penal. Para os ecoloxistas, este "campionato" vulnera a Lei de Caza e a Orde de Vedas ao non contar os terreos coa cualificación necesaria e celebarse fóra do periodo hábil de caza. A Fiscalía non cuestiona os nosos argumentos, mais ao non tratarse de especies protexidas, a legalidade do seu masacre débena resolver os tribunais do contencioso-administrativo.

ADEGA lamenta que a cidadanía teña como única opción legal para deter estes inxustificados masacres a de presentar un recurso contencioso-administrativo, que como sabemos, demórase longos periodos de tempo e aínda que finalmente nos de a razón, o mal xa estará feito.

Deste xeito, cunha administración (Medio Ambiente e Cultura) que mira para outro lado e mesmo incumpre as súas propias leis e regulamentos (e subvenciona aos infractores), os cidadáns/ás ficamos absolutamente indefensos diante das infraccións ambientais de carácter civil (a gran maioría), caso das matanzas de raposos.

Non pode ser bo para a sociedade que as infraccións e incumprimentos das leis de carácter ambiental, que ante todo son leis, queden sistematicamente impunes pola desidia da administración e a propia dinámica do sistema xudicial.

ADEGA e "Matar por matar, NON" seguiremos apelando á xustiza e interpoñendo as correspondentes denuncias ante as agresións ao medio ambiente, mais como membros da sociedade civil podemos tamén actuar pacíficamente en defensa dos nosos dereitos e a favor da legalidade.

Así o faremos este vindeiro sábado 24 en Rodeiro con motivo da VI Copa de España de Caza do Raposo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: