Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A SÚA MOSTRA INAUGÚRASE O XOVES 22

Carlos Rial, de Berlín á SCQ

A exposición, unha proposta baseada no espazo e no volume, estará aberta até o 21 de febreiro.

Redacción - 13:20 21/01/2009

Os últimos traballos de Carlos Rial, presentes en Alemaña e en diferentes feiras internacionais como Art forum Berlín, son o resultado dunha depuración formal e técnica, sen abandonar aspectos tan significativos dentro da súa obra como os xogos infantís. Nesta ocasión, grandes globos de feira, con forma de cabalo, están no chan sen posibilidade de ascender, fronte a uns avións situados na parede sobre unha proxección ou un gran coche. Obxectos cotiáns, recoñecíbeis, reinterpretados a nivel de materiais e estrañas situacións no espazo.

O conxunto da mostra pon en relevo unha obra madura e refutada dun artista como Carlos Rial que representa a escultura contemporánea dende Galiza. O hormigón, a fibra de vidro, o aluminio son algúns dos materiais que emprega para esta exposición.

Os seus primeiros traballos remóntanse ao ano 1996, momento no que empezaba a experimentar con combinacións de materiais, aínda que será no ano 1999 o momento no que o seu discurso se comeza a definir, como rotundo, sincero sen artificios, de gran calidade técnica e cunha vocación de formas e referentes que non pasaban desapercibidos. Nesta última década a súa obra mantén estes postulados, pero se redefine xerando un discurso máis complexo, baseado máis no espazo e o volume, ademais do seu contido.

A exposición inaugúrase este xoves na galería SCQ de Santiago de Compostela (Pérez Costanti, 12, baixo) ás oito da tarde. Estará aberta até o 21 de febrero.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: