Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza2009

"Non pode ser sempre uns a pedir e outros a dar", avalía Quintana da automoción

Durante a presentación da lista da formación por Pontevedra, o voceiro nacional do BNG insistiu na petición do "compromiso de Citroën" para o mantemento dos postos de traballo.

Redacción - 09:00 21/01/2009

Falou o líder do Bloque, ao fío da actual crise no sector da automoción, de "xuntar os esforzos da empresa e os dos gobernos". "Temos que ser cómplices", insistiu, "non pode ser que a situación sexa sempre a de pedir uns e dar outros". Subliñou Anxo Quintana sobre o futuro da factoría de Citroën que a empresa "debe responder "cun compromiso que signifique o mantemento dos postos de traballo".

Por outro lado, falou o candidato nacionalista da necesidade de que "as infraestruturas cheguen en tempo e forma" e foi nesa liña que defendeu a importancia do foro que constituirá a comisión bilateral na que se deberá presentar "un plano plurianual de investimentos no que digan o que se vai investir no 2009, 2010, 2011 e 2012". Destacou Quintana o protagonismo da formación que lidera na consecución desa comisión e chamou a afrontar a campaña electoral "coa veracidade dos feitos, non só promesas". "O BNG poderá equivocarse, como calquera, pero nunca o faremos en contra dos intereses de Galiza e nunca haberá un grupo mediático nin empresarial que determine as nosas decisións", comentou do mesmo xeito que xa fixera a pasada fin de semana durante a convención electoral do Bloque.

Doutra banda, aproveitou a visita a Vigo para a presentación oficial da lista que o BNG presenta pola circunscrición de Pontevedra, para subliñar os "compromisos levados á realidade polo nacionalismo na área de Vigo e na provincia de Pontevedra". Foi así como citou investimentos en innovación, desenvolvemento e investigación, "para conectar a Universidade co mundo da empresa, ao lado do sector naval e da conserva", o impulso e ampliación de solo empresarial en Vigo e área metropolitana e o Plano de Vivenda Sectorial Protexida.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: