Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
BALONCESTO: LIGA FEMININA

O Extrugasa regálalle o derbi ao Celta

Unha vantaxe de oito puntos a falta de catro minutos non foi suficiente para o equipo de Vilagarcía, que segue na última posición.

Redacción - 12:00 19/01/2009
Imaxe do partido / Foto: deportedevigo.com (E.A.)

Imaxe do partido / Foto: deportedevigo.com (E.A.)

A 15ª xornada da Liga Feminina apurouse a ofrecernos o segundo e último derbi da tempada. O pavillón municipal das Travesas acolleu o partido entre Celta de Vigo Indepo e Extrugasa de Vilagarcía onde, igual que acontecera na primeira volta, as xogadoras do equipo vigués fixéronse coa vitoria. Mais este foi un partido diferente, marcado polas ausencias de varias xogadoras importantes nos dous equipos, e tamén pola grande diferencia entre eles na clasificación do campionato.

O encontro ofreceu un pobre espectáculo na primeira parte, onde o resultado ficou en 24 a 25 para as visitantes. As xogadoras adestradas por Isaac Fernández aumentaron o seu dominio na segunda metade, até situarse con vantaxes que semellaban garantirlles a vitoria, mais remataron cedendo por mor duns malos últimos minutos.

Por parte do Celta destacou a lituana Agne Ciudariene, con 17 puntos e oito rebotes; mentres que nas de Vilagarcía a mellor xogadora foi a pivote americana Elisha Ruth Turek, que no seu primeiro encontro co Extrugasa anotou 11 puntos e apañou 13 rebotes. O encontro deixa ao Celta na sexta posición e ao Extrugasa afianzado no derradeiro lugar.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: