Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza 2009

Os novos votantes apostan polo PP, avalía Feijoo

"Por primeira vez en dez anos", e segundo os datos manexados polo Partido Popular, os novos votantes apostan por este partido en detrimento de PSOE e BNG.

Redacción - 09:00 12/01/2009


Foi un dos eixos destacados polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, durante a súa intervención este domingo nun encontro con alcaldes e representantes do seu partido en Galiza. Feijoo puxo datos na mesa, referidos a enquisas encargadas polo seu partido, segundo as cales por vez primeira na última década, os novos votantes apostan polo PP como principal forza á hora de pensar en outorgarlle o seu apoio.

O líder dos populares admitiu dese xeito que no último treito da súa formación á fronte do Goberno, o PP non soubera "coidar" o apoio da mocidade. Nesa liña, dixo estar seguro de que a tendencia é a que ese escenario cambie e destacou que o apoio da mocidade será clave na recuperación da confianza dos cidadáns na xestión da formación política que lidera.

Do mesmo xeito, Núñez Feijoo tamén se referiu á cifra do 60% de cidadáns que, asegurou, están a prol dun cambio de goberno. "Vimos falar a esta reunión das eleccións, de estratexia electoral, e podo dicirvos que a nosa campaña non será outra cousa que xestión e proxecto", afirmou Feijoo, "non pretendemos ser divertidos nin entretidos, senón eficaces e non pretendemos distraer atencións, senón centralas no que importa”."A campaña transparentará o que imos facer durante os próximos catro anos desde o 2 de marzo”, engadiu o que será cabeza de cartel do PP en Galiza.


1,73/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: