López Rivas abandonou na sétima etapa, unha das máis duras, na que un total de 18 equipos deixaron a proba.
O equipo galego de coches que participaba no Dakar sudamericano, formado polo piloto Xose López Rivas e Joan Rubí (Mitsubishi L200), viuse obrigado a abandonar na sétima etapa da proba, unha xornada que resultou infernal para os participantes do rali, xa que na categoría de coches houbo 18 abandonos.
O único galego que queda en competición é Fran Gómez Pallas, que ocupa o posto 94 na clasificación xeral de motos, a 15 horas 13 minutos e 37 segundos do líder, Marc Coma.