Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A CORUÑA, 15, 16 E 17 DE XANEIRO

Recuperar a memoria dos nosos guerrilleiros

O Congreso, que terá lugar no Reitorado da universidade, está coordinado por Bernardo Máiz, Emilio Grandío e Eliseo Fernández.

Redacción - 10:56 10/01/2009

Máis de vinte investigadores, entre os que destacan Harmut Heine, Secundino Serrano, Bernardo Maiz ou Emilio Grandío afondarán na Coruña entre os días 15 e 17 de xaneiro na historia da resistencia galega á ditadura franquista, especialmente a que se librou nos anos corenta e cincuenta: as guerrillas. O congreso coincide co centenario do nacemento de Benigno Andrade García 'Foucellas', e terá lugar no Paraninfo da Universidade da Coruña, na Maestranza. Ademais dos relatorios e conferencias, actuarán Miro Casabella e A Quenlla. A asistencia, ás xornadas, organizadas pola Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica da Coruña, é gratuíta.

Programa
Xoves, 15 de xaneiro
19.15. Conferencia: Hartmut Heine. Visión de conxunto da guerrilla galega
21:00 Actuación de Miro Casabella. Actuación de Xosé Taboada/Eva Otero (Gaita e violonchelo).

Venres, 16 de xaneiro
10.30. Bernardo Máiz Vázquez. A lexislación represiva ata a creación do TOP
Xosé Luis Rodríguez Pardo. Do TOP e do xuizo aos 23 de Ferrol
11.45. Emilio Grandío Seoane. A primeira resistencia. A Coruña, 1936
Xoan Carlos Garrido Couceiro. Os do monte 1936-1939 (Os primeiros)
Xulio Prada Rodríguez. Os primeiros fuxidos ourensáns
16.30. Bechir Yazidi. El exilio de los republicanos en África del Norte
Javier Rodríguez. La guerrilla en el nordeste de León
Alejandro Rodríguez Gutiérrez. A guerrilla no Bierzo: Manuel Girón Bazán
19.00. Francisco Xavier Redondo Abal. As fontes documentais para o estudio da guerrilla antifranquista galega no Arquivo Histórico do PCE
Carlos Nuevo Cal. A represión contra a guerrilla na Mariña lucense

Sábado, 17 de xaneiro
10.00. Carlos Reigosa. Vidas cruzadas, vidas paralelas
Carlos Parrado. "Curuxás": a guerrilla antifranquista na terra de Melide e a Ulloa
Fernando Vidal Collazo A guerrilla na Costa da Morte bergantiñán
Manuel Pazos. A guerrilla na bisbarra de Ordes: 1936-1952
12.15. Eliseo Fernández Fernández. O anarquismo galego e a resistencia antifranquista: unha historia esquecida.
Uxío Breogán Diéguez Cequiel. A resistencia armada e o nacionalismo galego
Víctor Santidrián Arias. O PCE e a guerrilla
16.30 Proxección "A Illa de Chelo" (57´)
17.30 Intervención de guerrilleiros e enlaces da guerrilla
19.00 Conferencia de clausura. Secundino Serrano. A guerrilla antifranquista española: unha visión de conxunto
20.30 Actuación do grupo A QUENLLA


4,91/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: