A empresa, a segunda máis grande en Irlanda, e o 5% do PIB do país, moverá a produción de Irlanda até Polonia.
Dell xera en Irlanda o equivalente ao 5% do PIB do país
A empresa productora de ordenadores Dell anunciou a perda de 1.900 dos 3.000 postos de traballo na súa planta de produción en Limerick, ao sudoeste de Irlanda.
A produción destinada aos consumidores de Europa, Oriente Medio e África será desprazada a Polonia, mentres que outros 1.000 traballos se manterán na base de Dell en Limerick. Os postos de traballos relacionados co apoio técnico, marketing e venda, baseados en Dublín, non corren perigo.
A medida é parte do plan de redución de custes da empresa provocada pola crise económica e Dell conta aforrar preto de tres billóns de euros. Sean Corkery, vice-presidente de operacións de Dell para Europa, Oriente Medio e África, declarou que esta "é unha difícil decisión pero a acertada para Dell para acadar competitividade".
Dell é o maior exportador da illa e a segunda compañía mais grande do país, representando un 5% do PIB de Irlanda. A empresa abría operacións en Irlanda no1990 e chegou a empregar ata 4.500 persoas, en Limerick e Dublín.
Dell é unha das principais fontes de emprego na zona de Limerick, inmortalizada no best-seller As cinzas de Ánxela, de Frank McCourt. Ademais dos 3.000 empregados directos por Dell en Limerick, estímase que outros 15.000 postos de traballo en empresas da zona dependen de Dell e veranse directamente afectados por estas medidas. O presidente da cámara de comercio de Limerick, Sean Lally, dixo: "Este é un día moi triste para a rexión".