A Fundación CEL concedeu o seu premio pola Promoción Exterior da provincia de Lugo á empresa Lugonet, editoria da Gaceta de Lugo e de moitas outras páxinas de empresas luguesas.
O xurado tivo en consideración que non existe na provincia ningunha outra plataforma coma a que supón Lugonet para a proxección cara ó exterior da provincia e das súas empresas. Así o amosa o feito de que máis das dúas terceiras partes dos webs comerciais de Lugo fosen deseñados e elaborados por esta empresa e que na maioría dos casos se teñan posibilitado operacións comerciais completas que doutro xeito non serían posibles.
Ademáis da promoción particularizada das empresas, Lugonet ven realizando unha labor de promoción da provincia no seu conxunto con iniciativas coma Gaceta de Lugo, o primeiro semanario dixital de información na provincia, e coma a campaña de apoio á denominación da Muralla Romana coma Patrimonio Mundial.
A Promoción Exterior foi unha das oito categorías dos Premios Anuais da Fundación CEL, constituída hai dous anos. Trátase da segunda edición dos premios, pero a categoría de Promoción Exterior foi inxerida nesta ocasión por vez primeira. Os outros premios foron os seguintes:
Proxectos de creación de empresa:
Sidrería Galega, S.L.
Proxectos universitarios de creación de empresas:
A-Suelos. Analistas y Asesores Medioambientales
Proxectos de Investigación aplicada á empresa:
Planta de fabricación de fertilizantes a partir de yacija de broiler, con funcionamiento autónomo por cogeneración.
Calidad, Seguridad y Protección Medioambiental
Besnier-Leche de Galicia, S.A.
Compromiso Social y Creación de Empleo:
Puerto Celeiro, S.A.
Periodismo-Empresa:
José María Alvarez Vilabrille
Promoción Turística
Arifran, S.L.