Unha ducia de talladas de churrasco? unha ducia de dedais de licor café? Algunha idea para mudar a tradición de comerlle unha ducia de vagos?
Contan que por estas datas haberá de cumprirse un século dunha tradición seica chegada de fóra, de comer 12 uvas ao compás das badaladas que anuncian a medianoite coa que o 31 de decembro remata para inaugurar o novo ano. Parece ser que foi en 1909 cando se inaugurou, promovida por colleiteiros que tiñan exceso de produción de uvas sen encarreirar comercialmente.
O tempo de Nadal en Galiza ten no plano gastronómico festivo, un feixe de tradicións de seu. Témoslles contado do cepo de Nadal, que é crenza xeneralizada que a cea máis habitual é o bacallao con coliflor e que os postres máis usuais son os turróns, de que no Carballiño o bacallau se acompaña con grelos? ¿que nalgúns lugares, mesmo na Mariña luguesa, atrasaban a matanza do porco para poder cear o solombo, que na Estrada, e non só en Vilalba, o capón é o rei da mesa ou que a sobremesa máis apetecida era a compota de mazá con canela, entre outras curiosidades gastronómicas.
Algunha idea nova ou vella para remexer ou innovar na tradición?