Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTUDO

Os edificios da administración británica emiten máis dióxido de carbono que todo Quenia

Unha auditoría enerxética revela que o Parlamento e o Banco de Inglaterra emiten 21.356 toneladas de CO2 ao ano.

Redacción - 10:30 06/01/2009

11 millóns de toneladas de dióxido de carbono ao ano. Esta é a cantidade que emiten o conxunto de edificios públicos de Gran Bretaña, segundo un estudo que encargou o propio goberno e que o xornal The Guardian fixo público nos pasados días. A auditoría fíxose sobre o conxunto de 18 mil edificios públicos do país e os datos non puideron ser máis desfavorábeis, tanto que a pegada de carbono da illa británica é superior á de moitos países africanos, como por exemplo Quenia.

O Parlamento e o Banco de Iglaterra consumen electricidade e gas suficiente como para emitir 21.356 toneladas de CO2 por ano, é dicir, o equivalente a máis de 14 mil persoas viaxando en avión entre Londres e Nova Iorque. Pero este non é o dato máis vergoñento: a oficina central do departamento de enerxía e cambio climático (situada en Whitehall Place) é un dos edificios máis contaminantes, con 1.336 toneladas de dióxido de carbono anuais.

Medidas urxentes
O informe fala de descoñecemento por parte dos responsábeis, de equipamento ineficiente e de mala xestión enerxética como posíbeis causas deste malgasto. Con todo, as promesas do goberno son as de reducir as emisións por parte das oficinas estatais nun 30% nos vindeiros 12 anos, uns propósitos que exixen xa tanto os partidos da oposición como diferentes grupos ecoloxistas. Ambos recórdanlle ao executivo que as facturas en concepto de enerxía do sector público suman na actualidade preto de catro mil millóns de libras anuais e piden investimento para un programa de renovación urxente do actual modelo.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: